Thursday 16 de May de 2024

Recital de piano de Michelle pena tras dez anos de estudos no Conservatorio de Riveira


Onte martes 6 de xuño Michelle Pena González deu por rematado os seus estudos oficiais no Conservatorio Municipal de Riveira. Foron dez anos no centro aos que puxo fin cun magnífico recital no salón de actos co que deleitou aos familiares, amigos, compañeiros e profesores que quixeron acompañala neste importante evento.

Pena participará este domingo 11 de xuño con dúas pezas musicais no Festival de Danza Clásica de Riveira (20 horas no Auditorio).

Inscricións a grao elemental
Por outro lado este próximo venres día 9 de xuño remata o prazo de inscrición para a proba de acceso a 1º curso do grao elemental. Esta proba é indispensable para poder realizar estudos oficiais no conservatorio no vindeiro curso 2017/2018. Á proba poden presentarse nenos e nenas de entre 8 a 14 anos e non é necesario ter coñecementos musicais.